mércores, 30 de marzo de 2016

Historia do comezo da Camelia no CEP Campolongo


A historia deste certame, que se celebra normalmente en  marzo e que estivo  incluído no Camiño da Historia do Xacobeo , remóntase ao curso académico 2002-2003, cando, con motivo do 30 aniversario do centro escolar programouse un amplo abano de actividades con carácter lúdico-didáctico, entre as que se atopaban un por entón insólito concurso sobre a Camelia.

Aquela actividade tivo un extraordinario éxito, polo que o claustro de profesores e o consello escolar do centro educativo decidiron aprobar a continuidade da mesma. 
Na imaxe temos o cartel da II Exposición da Camelia no CEIP Campolongo (agora CEP Campolongo) - VER NA  PAXINA DA XUNTA

sábado, 19 de marzo de 2016

Floreiros



Alumnado de 1º durante o curso 2015-16

venres, 18 de marzo de 2016

Concurso de Flores - XIV Exposición da Camelia

Clica na imaxe para ver algunhas das flores presentadas.

Ver as do Areeiro (As camelias teñen o seu nome)

Camelias de cores




Alumnado de 5ºD durante o curso 2015-16

C. japonica `Lavinia Maggi´

Na XIV Exposición da Camelia no CEP Campolongo tivemos este centro de camelias japónicas. Aínda que semellan camelias diferentes, son exactamente da mesma árbore, a flor do centro cambia por  unha variegación que  sole darse en moitas plantas,  unha alteración da cor ou da forma dos pétalos na mesma árbore. 

C. japonica `Tío Iván´

Este ano tivemos unha camelia nova chamada `Tío Iván´. Comentáronnos que aínda non está rexistrada.  É unha camelia Galega feita nun dos nosos Pazos de Pontevedra. Ribadumia?

Dámoslle a benvida!!

Ver máis camelias da XIV Exposición

mércores, 16 de marzo de 2016

Premios e Premiados na XIV Exposición da Camelia


Clica na imaxe para ver algunhas fotos

Debaixo o listado cos premiados