sábado, 9 de xullo de 2022

XX Exposición da Camelia no CEP Campolongo

 XX Exposición da Camelia no CEP Campolongo (Curso 2021-22)

A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

Decía da Camelia o seguinte: Viñeron a Galicia de terras foráneas plantas de diverso feitío. Pero houbo unha que se afixo ó país de xeito especial vivindo nel vizosamente. Referímonos á camelia, que chegou de horizontes afastados para lucir as súas cores na paixase galega. Tan galega se fixo que é flor das Rías Baixase de Galicia toda, En pazos, hortos, nas beiras litorais, en lugares de interior, a camelia amosa a variedade da súa luz e cor en xardíns dos nosos invernos grises. Como alguén dixo, nos días da gran morte da flora inverniza aparece a camelia vestida de luz. Trátase dunha fermosa visitante do arredado Oriente no noso país que aquí arraizou para se converter en florida cromática do mundo vexetal autóctono. Máis na páxina web da escola (CEP Campolongo)

 Francisco Fernández del Riego-  lntroducción de la exposición de Alex Vázquez "A camelia nos xardíns das Rías Baixas" Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León", febreiro 2007

Mais sobre o persoeiro

martes, 25 de maio de 2021

Camelios na Praza da Ferraría - Pontevedra


 

VI Exposición da Camelia no CEP Campolongo - 2008


 
Ademais de todo alumnado da escola, entre os participantes, teñen confirmadas a súa presenza os cultivadores con  varios premios de Camelia de Ouro, como Manuela couso, Conchita Sarmiento, Eduardo de la Rubia, Mercedes Fonterosa, Lelita Grandín, Juan XXIII, e os Irmáns Misioneros Pobres de Chapela.

III Exposición da Camelia - 2005 - "Un mar de camelias"

O espírito de Antonio Odriozola -a quen evocou o alcalde Fernández Lores no acto de apertura- estivo no colexio de Campolongo, con motivo de inaugurarse a terceira edición da súa exposición da camelia. Ao natural, debuxos, pinturas, fotografías e redaccións sobre esa bela flor adornaban o vestíbulo, corredores e outras dependencias do colexio que dirixe José Carlos Otero. Precisamente o director agradeceu a Carmen Salinero, presidenta da Asociación Española da Camelia, a súa presenza no acto e a axuda prestada para levar a cabo esta mostra, que estará aberta ata mañá. O acto contou tamén coa presenza de Javier González Vermello, de Educación, Gerino Calvo, director da UNED/UNED, e os concelleiros Luís Bará, José Antonio García Lores e Beatriz Piñeiro.
O concurso de flores, nas distintas especialidades, foi gañado por Manuel Couso, Teresa Fernández, os Misioneiros Irmáns dos Enfermos Pobres de Chapela, Lelita Grandín, José Arán, APA San José de Campolongo e Asociación Xoán XXIII, que levou o premio á presentación artística. Ademais, tamén se entregaron diplomas a todos os participantes, incluídos numerosos escolares que presentaron as súas flores. Premios escolares. Así mesmo, entregáronse os premios dos concursos escolares de redación, debuxo e fotografías sobre a camelia, que recaeron nos alumnos Beatriz Martín, Cristina Balchada, Alberto Escobar, Daniel Piñeiro, Luís Ansín, Juan Pedro Vidal, Raquel María Hernández, Xema Sánchez e Sara Ástor. En canto ao de carteis das festas de San José, María Membrives, Ana Campelo e Beatriz Gómez. 

 Artigo traducido ó galego do xornal "La Voz de Galicia"

luns, 24 de maio de 2021

Exposicións sobre a camelia do CEP Campolongo


Recollida de material de moitas das Exposicións do CEIP/CEP Campolongo dende o seu comezo. Falta algunha información sobre todo dos primeiros anos.


Ver na páxina web da escola.



Camelias en Pontevedra 1965-1974 - Historia, concursos, poemas ...


PDF coa historia dos inicios da camelia na cidade de Pontevedra, poderás comprobar como hai dúas chegadas, sendo a principal desde O Porto (Portugal): 1- Casa Rene Puyf Fits, de Bayona (Francia) con dous exemplares, e  Marqués Loureiro.
 Ver máis publicacións en PDF na SEC (Sociedade Española da Camelia)




II Exposición de Camelias CEIP CAMPOLONGO - 2004


 Ver as bases desta Exposición

Entre outras, fáltanos o cartaz da I Exposición