sábado, 27 de abril de 2013

As 10 virtudes da camelia

1-Lonxevidade: Pensábase noutros tempos que a camelia tiña máis longa a vida que calquera outro arbusto ou árbore, e esta era una virtude vida do Ceo.  2-Inmutabilidade: As follas da camelia permanecen sempre verdes ao longo das estacións, e isto amosa a virtude da inmutabilidade.
3-Continuidade:  A camelia inxírese doadamente,  e así amosa a virtude da continuidade.
4-Resurrección: A camelia estoupa en botóns ou abrochos na tempada primaveral, mesmo despois do frío paisaxe do inverno, e esta é a virtude da reviviscencia.
5-Pureza:  A camelia branca é símbolo da pureza, e todas as camelias deben medrar con limpeza. Esta é a virtude da pureza e a tersura .
6-Beleza: A camelia amosa unha beleza inmutable durante a época da floración, en calquera lugar que medre. Esta é a virtude da permanencia da beleza:
7-Colorido:  A camelia ofrece o animado contraste das súas verdes lustrosas follas co vermello dos pétalos e o amarelo dos estames, e esta é a virtude da variedade.
8-Tesón: A camelia conserva, perante toda a súa vida, as características de fermoso e pequeno árbore florido. Esta é a virtude da inflexibilidade.
9-Servizo:  A camelia danos as súas marabillosas flores cando son moi poucas as outras que florecen. As flores úsanse para facer ramos, e tamén nas cerimonias relixiosas, e a pequena árbore serve para embelecer a paisaxe. Esta é a virtude do servizo.
10-Utilidade:  A madeira da camelia, sobrante da poda, úsase para facer carbón, que vale para a cociña e para braseiro. Das sementes sácase aceite, que se usa para moitas cousas, como guisar ou suavizar os cabelos. Esta é a virtude do beneficio.


Anrakuan Sakuden (1554-1642)

Versión Galega de Álvaro Cunqueiro


A introdución da Camelia en Pontevedra. (I)

Nun principio creuse que as primeiras camelias en chegar a Europa entraron por Portugal a mediados do século XVI e traídas por antepasados do conde de Campobello. Con todo hoxe está aceptado que as primeiras importacións de camelias chegaron a Portugal sobre 1808 - 1810 desde un viveiro londinense, MILE END e importadas por un tal Vanzeller. Ver outras opinións.
D.José Marques Loureiro gran horticultor, de orixe humilde, naceu no ano 1830, en Besteiros, distrito de Vizeu e  foise a Porto aos 15 anos para traballar nun pequeno viveiro propiedade de Pedro Marques Ribeiro, a QUINTA DÁS VIRTUDES. No ano 1849-50 pasa ás súas mans chegando a ter en 1972 máis de 750 variedades das cales máis de 150 eran de creación portuguesa e desde alí veñen a Pontevedra, Vigo e a todo o Sur de Galicia, para seguir estendéndose polo Norte de España e ao resto da Península. No seu catálogo nº 1 editado en 1865 figuran 169 variedades portuguesas. O noso investigador Odriozola afirma que as primeiras camelias de Pontevedra e Vigo proveñen efectivamente do establecemento de Marques Loureiro e baséase nunha factura fechada o 28 de Xaneiro de 1876 pasada á Escola de Agricultura de Pontevedra (1873 a 1886) e que hoxe está na Biblioteca do Museo de Pontevedra e na que figuran entre outras "trepadeiras, arbustos de follaxe permanente e de folla caduca" e 25 variedades de camelias cos seus nomes respectivos, 17 portuguesas e 8 estranxeiras de prezo entre 400 e 700 reais, carísimas, con Alba Plena, Peonía rubra e Coletti Beira, entre outras.  Despois a propia Escola publicou un Catálogo de plantas, arbustos, etc. en 1882 con 130 variedades 60  portuguesas e 50 estranxeiras. Tamén existe a constancia de que foi o  Marques Loureiro ao que chaman enxeñeiro paisaxista o que estableceu no ano 1860 os xardíns do Pazo do Marqués Valladares hoxe o núcleo do Parque Quiñones de León- Vigo. Posteriormente en 1890 o viveiro portugués pasou a denominarse COMPANHIA HORTICOLA AGRICOLA DE PORTO xunto con Geronimo dá Costa.

Máis en Camelias.Net.

Ver cartel de Porto


domingo, 14 de abril de 2013

Camelia japónica nun xardín privado do Parque de Campolongo




 Unha variedade das moitas que hai de camelias xapónicas no que se podería chamar "Pequeno xardín botánico privado", polo paseo que vai dar a parte de atrás da igrexa de S. Xosé,  onde hai tamén un augacate, unha veixela, unha figueira, un limoeiro, unha veixela, entre outras, e onde estaba tamén a única faia que había na cidade de Pontevedra e que este ano a sacaron de aquí.

Camelia reticulata en Campolongo



Das poucas que hai na cidade de Pontevedra, pois case todas son xapónicas. Está nun lateral da igrexa S. Xosé.

Camelias japónicas en Eduardo Pondal

xoves, 11 de abril de 2013

Poema de García Lorca falando da Camelia


Camellia galega japonica "Sangue de Pichón"


A orixe da variedade é galega, creada por Maciñeira. Tamén é coñecida por "Nazareno".
Tamaño: uns 9 cm de diametro.
Cor: vermello púrpura, granate moi oscuro.
Floración: de decembro/xaneiro ata abril/maio.
Forma: anémona
Petaloides: máis de 100, formando unha masa compacta e apretada.
 Estames: non visibles con filamentos brancos e as anteras amarelas.

Camelia japonica "Kuro-Tsubaki"

A dama das Camelias


La Dama de las Camelias

C. nitidissima, a camelia amarela por excelencia


1º Concurso Exposición Nacional da Camelia en Pontevedra

Arranxo floral Ikebana con camelias


Ikebana

Aceite da Galiza