domingo, 23 de marzo de 2014

50º Congreso Internacional da Camelia

A semana pasada tivemos en Pontevedra, Vigo ... o "L Congreso Internacional da Camelia en Pontevera".

Ver páxina web do Congreso

Ver o programa

Ver vídeos da promoción do Congreso

Ver o 50º Exposición Internacional da Camelia en Vigo

Como chegou a Camelia a Galicia ? (III)

Nós xa temos neste blogue un artigo que fala deste tema "A introdución da Camelia en Pontevedra". Pero como non hai unha hipótese totalmente certa, deixamos aquí tamén esta opinión que atopamos no Diario de Pontevedra de Xosé Manuel Pereira Fernández que traducimos ó galego . Non deixa de ser unha opinión, aínda que o que eu quero resaltar aquí, igual que o autor do artigo,  é que daquela non era só Portugal a interesada "en controlar ou dominar en controlar o mundo e a que pola zoana asiática andaba".  No artigo quedoume unha dúbida. Por que os portugueses estaban contentos das súas proezas e para os moitos españois era unha vergoña? A min ocórreseme pensar que habería das dúas opinións nos dous paises. Non si? Pensando tal como pensamos hoxe, xa que, por exemplo, da conquista de américa hai quen está moi orgulloso, e hai tamén quen pensa que non deixou de ser unha barbarie polas guerras provocadas para someter  e  expropiar as riquezas deses países.

Velaquí o artigo

mércores, 19 de marzo de 2014

Aula Didáctica do Areeiro de Pontevedra

Clica na imaxe, e entrarás na páxina web da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de Pontevedra, alí hai a disposición de todos os colexios provinciais unha serie de fichas didácticas e póster, que se poden descargar,  para facilitar o coñecemento desta flor que se asentou nas nosas terras porque segue a  encandilar cada vez máis a moitas persoas por ser en especial "A Flor do inverno"

Como entrou a Camellia na Galiza? (II)

Tal e como pon este cartel de Porto, pénsase que a Camelia na Galiza entrou por Portugal, despois de que estes iniaciaran relacións con Xapón no século XVI. 

Ver outra opinión

Artigo relacionado: 

Camellia japonica de Galicia


De momento estos son os cultivares que temos. ou dito doutra forma, esta son as "camelias japonicas " propiamente Galegas, "De colleita propia".  Pero seguro que dentro de pouco aumentarán pola moita afición que temos na Galicia a esta flor que tan ben se adaptou a esta terra.

martes, 18 de marzo de 2014

Camelias Rusticanas

Camelias Rusticanas. Son unha subespecie de Camélias Japónicas. Son moi utilizadas para a obtención de híbridos mais resistentes ó frio. Son originárias do Norte do Xapón.

Esta da foto é unha  C. Rusticana `BENI-ARAJISHI´

Entrega de premios, flores e traballos na XXII Edición da Camelia en Campolongo


Hoxe martes 25 de marzo entregáronse os premios da XXII Exposición da Camelia do CEP Campolongo . Se clicas na 1ª  imaxe verás as fotos do acto de entrega de premios. Se clicas na 2º verás algúns dos traballos. Na 3ª verás algunhas das flores.

NOTA. Esta é unha primeira tanda. Axiña poremos máis fotos.