domingo, 14 de febreiro de 2016

Romántica Flor da Camelia


C. reticulata `Rute Haigan´


C. reticulata- `Florence Crowder´


C. reticulata `Bárbara Golf ´


C. reticulata `Frank Houser´


C. reticulata `Bravo´


C. sansaqua `Narumigata´


C. sansqua `Early Perly´


C. sansaqua `Coroa´


A segunda chámase `Coroa 2´

Camellia longpedicellata

Sinónimos:  "Status", "Confidence level"

Floración: Final do inverno e primavera

C. japonica `Hyppolyte Thoby´



C. japonica `Guest of Honor´

C. japonica `Flame´



Foto no Castelo de Soutomaior

C. japonica `Jean Clare´




Fotos no Castelo de Soutomaior

C. japonica `Guilio Nuccio´

Foto feita no Castelo de Soutomaior

C. japonica `Gran Prix´



C. hibrida `Jubilation´



venres, 12 de febreiro de 2016

C. higo `Kumagai´


Camelias negras


A búsqueda da  excelencia, de ter a camelia máis bonita ,  ás veces leva unha vida de frustración, e entre os afeccionados a estas belas flores non só é o branco a máxica cor que produce os soños... senón alcanzar o negro pode ser un obxectivo. Para acadalo, en  Kanto (japón) existe desde 1829 unha camelia negra chamada "Kuro-Tsubaki". Esta planta foi a obsesión de moitos hibridadores. En colación coa camelia negra, na decada dos setenta un hibridador neozelandés chamado Oswald Blumhardt, desenvolveu un cruzamento entre a Camelia híbrida "Ruby Bells" e a chamada negra  japónica "Kuro-Tsubaki", grazas as  27 sementes que  o cultivador Kuro lle cedeu  , a pesar de non ser moi amigo das hibridacións,  Inmediatamente un amigo de Oswald, chamado  Ackerman logrou germinar dúas sementes en laboratorio, estas dúas sementes foron a orixe de dúas  novas lendas  das camelias negras, a C. hibrida ´Night Rider´ e a C. hibrida `Black Opal´

C. japonica `Leonor Magariños´


Ver un nova na prensa

No Diario de Pontevedra

Ver vídeo con  Leonor Magariños  impartindo un curso para cultivar camelias

Outra camelia orixinada por ela : Alejandro Mansilla

C. japonica `Santa Lucía´


Charla sobre o inxerto no cultivo da camelia. II Exposición da Camelia R...

C. japonica `Cocó´


C. japonica `Carmen Paz´


C. japonica `Marisa´


C. japonica `D. José Diego Manciñeira´


Artigo Relacionado: Camelias de Maciñeira

C. vernalis `Yuletide´

Flor simple. Pequena.

Florece: Xaneiro - Marzo

Orixe: EEUU. 1963

C. Reticulata. Cultivares (Variedades)

Á primeira reticulata traída de China en 1926 déuselle o nome do seu introductor 'Captain Rawes'. En 1847 foi introducido o segundo cultivar de reticulata, unha gran flor dobre formal de cor rosa intensa, á que tamén se lle deu o nome do que a introduciu, 'Robert Fortune' coñecida tamén como "flore pleno". Case todas as reticulatas que hai actualmente en occidente son híbridos, ben de C. reticulata x C. reticulata, ou de C. reticulata x C . japónica, e en moitas delas non se coñecen os seus antecesores. Algúns exemplos de cultivares de C. reticulata son "Arbutus Gum", "Arch of Triumph", "Bernadette Karsten", "Black Lace", "China Lady" , "Dr. Clifford Parks ", "Dream Castle", "Francie L.", "Lasca Beauty", "Lila Naff", "Mandalay Queen", "Nuccio's Ruby", "Otto Hopfer", "Royalty", "Terrell Weaver", " William Hertrich".

Artigo Relacionado: Camelia Reticulata (Curiosidades)


Camelia Reticulata. Curiosidades


A primeira Camellia reticulata que floreceu en Europa fíxoo en Inglaterra en 1926. Enseguida viuse que era diferente da C. japonica e chamóuselle C. reticulata pola marcada nerviación das súas follas. Son orixinarias de China, sobre todo do suroeste, da provincia de Yunnan, onde crecen silvestres desde hai séculos.

A planta é unha pequena árbore de ata 15 m de altura, de crecemento máis rápido e aberto que as japónicas, con ramas de cor pardo -grisáceo. As follas son elíptico-lanceoladas, acuminadas, co bordo aserrado, grandes, de 7,5-11,5 cm. de lonxitude e 2, 5 - 5,6 cm. de ancho, cariáceas, ríxidas, de cor verde escura polo feixe e máis claras polo envés e coas veas moi marcadas. As follas xeralmente vellas caen ao final da primavera, cando aparecen os brotes novos, que adoitan ter un ton avermellado.

As flores son grandes, solitarias, de ata 17 cm de diámetro, con número variable de pétalos segundo trátese de flores simples ou de formas máis complexas. Aparecen a finais do inverno, cando as japónicas xa floreceron. As cores varían desde o rosa máis pálido ata o vermello máis intenso, pero ata hoxe non se atopou un cultivar de C. reticulata de cor branca puro.

Artigo relacionado: Camelia Reticulata. Cultivares