Este fermoso e impresionante árboredo ten detrás del xa moitos anos de historia. E dende xa fai algúns anos está incluído dentro do percorrido do "Roteiro da Camelia" da Galiza . Dentro del temos o coñecido Pazo de Lourizán , unha casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia de Santo André de Lourizán do concello de Pontevedra.
Hoxe este árboredo é considerado un dos máis grandes de Europa.
No século XIX, o pazo, pertenceu a Buenaventura Marcó del Pont, despois de que llo mercase aos herdeiros de Francisco Genaro Ángel, irmán da súa muller. Foise logo adaptando aos tempos e converteuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos. Coñecido este, como un dos representantes máis importantes do sistema caciquel daquela época, onde os votos se mercaban con favores.
A Deputación de Pontevedra adquiriuno a comezos da década de 1940, comprándollo á Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e (unha quinta parte) á marquesa viúva de Alhucema. En 1943 cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais; en 1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes.
O pazo conta consta de 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.
Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiros, pradairos e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias ou alfaneiros, moitas delas traídas por xardineiros franceses. Varias destas árbores aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. A Metasequia foi candidata a ser árbol europeo do 2015.
A fonte da Cuncha mandouna traer Eugenio Montero Ríos do Caribe.
e dunha soa peza, tomáronse decisións políticas importantes, facendo axiña que o palacio fora un lugar de encontro de xornalistas, intelectuais e artistas. Montero Ríos asumiu varias granxas máis e foi el que construíu o gran portón de ferro arredor do complexo. Daquela, Montero Ríos, chamou este parque, "Parque das Rías ". É por iso que os veciños coñecen este conxunto como A Granxa de
Montero Ríos. Montero Ríos mandou contruir tamen a igrexa de Os Praceres en 1888, onde están enterrados el e a súa dona. Mandou construir "O Pavillón dos Hóspedes" en Praceres, que despois se convertiría no "Gran Hotel de Baños de Mar" . Sendo hoxe a Colexio Sagrado Corazón de Xesús, ou comunmente chamado o Colexio das Monxas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario