mércores, 18 de setembro de 2013

Lenda chinesa do té


Na imaxe temos unha lenda  en inglés coa versión da orixe do té. (Axiña traduciremos). De momento deixamos aquí  outra lenda, tamén da súa orixe:

 "O emperador chinés Shen Mung esperaba aquel día unha importante visita, e todos os criados do palacio achábanse moi atarefados, preparando os cuartos dos hóspedes. Nun pequeno aposento que había no xardín, o emperador parecía moi preocupado e daba ordes e máis ordes. Quería que os seus invitados recibisen unha boa impresión e marchasen contentos. Moi preto da porta de entrada do pavillón, crecían flores de loto e un arbusto de "tsha" ou "té". Un dos criados, por indicación do emperador, deixou xunto á porta un recipiente con auga fervendo. Un suave vento comezou a soprar e algunhas follas do arbusto de té foron a caer dentro do recipente con auga, tomando esta unha cor torrada. Shen Mung sentiu que o aroma refrescante que flotaba o aliviaba do cansazo que padecía. Sentou no chan, e sacou cun cazo un pouco para beber uns sorbos. Sorpresa! A infusión tiña un sabor delicioso, e o emperador atopábase xa con folgos. Colleu despois máis follas e preparou unhas cuncas para obsequiar aos seus visitantes. A velada transcorreu entre risas e comentarios. A saborosa bebida estendeuse por todo o mundo, e hoxe prepárana en todos os recunchos da Terra"

Ver versión India e Xaponesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario