sábado, 27 de febreiro de 2021

`Camelia reticulata Caldas´

 A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, pertencente á Deputación,  comunicou ó  Concello de Caldas a aprobación e incorporación da 'Camelia reticulata Caldas' ao Rexistro Internacional da Camelia. Esta camelia era plantada en 2016 no xardín botánico do municipio, coa intención de homenaxear ao científico ilustrado Francisco José de Caldas e prócer da independencia de Colombia, nomeado ademais fillo adoptivo da vila terman onde ten as súas raíces familiares.Trátase dunha flor moi grande, de 15 centímetros de diámetro, con cor rosa clara brillante, de forma semidobre e con ata unha vintena de pétalos.

  Ver nova na prensa

Ningún comentario:

Publicar un comentario