mércores, 10 de febreiro de 2021

Como chegou a Camelia a Galicia ? (III)

Nós xa temos neste blogue un artigo que fala deste tema "A introdución da Camelia en Pontevedra". Pero como non hai unha hipótese totalmente certa, deixamos aquí tamén esta opinión que atopamos no Diario de Pontevedra de Xosé Manuel Pereira Fernández que traducimos ó galego . Non deixa de ser unha opinión, aínda que o que eu quero resaltar aquí, igual que o autor do artigo,  é que daquela non era só Portugal a interesada "en controlar ou dominar en controlar o mundo e a que pola zoana asiática andaba".  No artigo quedoume unha dúbida. Por que os portugueses estaban contentos das súas proezas e para os moitos españois era unha vergoña? A min ocórreseme pensar que habería das dúas opinións nos dous paises. Non si? Pensando tal como pensamos hoxe, xa que, por exemplo, da conquista de américa hai quen está moi orgulloso, e hai tamén quen pensa que non deixou de ser unha barbarie polas guerras provocadas para someter  e  expropiar as riquezas deses países.

Velaquí o artigo
"Na nosa vida hai momentos nos cales a sorpresa alcanza límites insospeitados e case se penetra na estupefacción. Algo similar sucedeulle a quen isto escribe fai uns días. Unha emisora de radio pontevedresa entrevistaba a un catedrático experto en botánica da Universidade compostelana sobre a camelia. Case como epílogo a pregunta virou sobre o camiño seguido pola mesma para chegar a Galicia. Tivo que ser vía Portugal, pois eles foron quen estaban por alí referíase a Xapón-, afirmou sen empacho o insigne cidadán. Aínda que o seu nome me quedou gravado, e ben gravado, na miña mente, tal feito non é o importante. O fundamental é a ousadía. Non poño en dúbida os seus amplos coñecementos en botánica, pero un catedrático de universidade ademais dunha autoridade na súa materia debe posuír unha ampla cultura. Se me permiten o atrevemento polo anacronismo -pois daquela España non existía como a entendemos hoxe en día-, os dous países protagonistas da expansión oceánica foron Portugal e España. Con todo existe unha radical diferenza na forma de asumir o feito por ambos países. Mentres para Portugal é un dos seus maiores orgullos e así o se consideran eles  mesmos como “os mellores navegantes do mundo" ,   moitos sectores da sociedade española consideran a epopeia como algo digno de vergonza e ocultación. A meta buscada por ambos países eran as Molucas, a terra das especias. Mentres que Portugal alcanzouna navegando cara ao leste, España optou pola ruta de poñente. A situación motivou un práctico bloqueo desa inmensidade de auga que é o océano Pacífico, coñecido no século XVI co Lago Español. Non será ata 1578, con Francis Drake e o seu  “Famous voyage”, cando un barco alleo á Península Ibérica poña proa nel. Pero daquela, a experiencia de España no Pacífico era enorme. Xa fixera dúas circunnavegacións do planeta; descubrira  e explorara as Marianas, as Marshall, as Salomón, Nova Guinea ; Isabel de Barreto -, a adiantada da “Mar Océano”; consolidada a presenza española nas Filipinas , fixada a ruta de retorno á costa americana -o Tornaviaxe- por Andrés de Urdaneta, un dos grandes nautas da Humanidade. Unha das finalidades da conquista e colonización das Filipinas foi a de facer de cabeza de ponte coas Molucas, Chinesa, e Xapón.  Ata a independencia de México, o Galeón de Manila abasteceu anualmente a España e a Europa de todas as fruslerías desa zona de Oriente. A partir da independencia mexicana, España seguiu en Filipinas ata finais do século XIX. Dito doutro xeito, o maior protagonismo nas relacións coa zona correspondeulle a España. A camelia puido chegar a Galicia grazas a Portugal. Pero tamén puido facelo vía Cádiz a través do Galeón de Manila ou, posteriormente, Filipinas. Da cidade andaluza pasar a Portugal e do país veciño a Galicia. É unha hipótese, pero seica non é verosímil ?

Ver artigo na prensa

Ver o artigo recortado en picasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario