sábado, 10 de outubro de 2015

C. sansaqua ... na Praza de Galicia



Dende finais de setembro , o único camelio que se ve coa flor por Campolongo é este da Praza de Galicia, en dúas das catro esquinas que ten o xardín da praza.  Na parte central do xardín hai varios camelios repartidos a ámbolos dous lados, pero son máis tardíos, aínda non teñen a flor.

Froito da camelia aberto