Amosando publicacións coa etiqueta Sansaqua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sansaqua. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de febreiro de 2016

Cultivo de C. sasanqua


Condicións climáticas:
Precisa chans acedos e ricos en humus, igual que a camelia japónica,  aínda que tolera mellor os chans pobres. En canto ás condicións climáticas, necesitan un clima tépedo e húmido, as sasanquas quizá sexan as camelias menos esixentes de todas, xa que poden estar a pleno sol e non necesitan tanta protección fronte ao vento.


Poda: 
Como o resto das camelias non necesitan poda, aínda que responden ben a ela. En caso de podalas, debe facerse xusto despois da floración, antes de que empecen a saír os novos brotes.
Rega:

As necesidades de auga varían segundo a estación, pero debe manterse unha humidade constante, evitando o encharcamiento, polo que é esencial que o chan teña un bo sistema de drenaxe.
Fertilización:
É recomendable aplicar un abono orgánico en marzo, cando os brotes están en crecemento, e controlar os síntomas foliares que poden reflectir posibles anomalías nutricionais.

Propagación:

Propágase igual que a camelia japónica , sobre todo mediante estaquillado

sábado, 7 de novembro de 2015

Camellia sansaqua `Sombra de lúa´ (Moonshadow)

A very different look than 'Leslie Ann' when you take a close look at it. Also, 'Moonshadow' has a much larger flower than 'Leslie Ann'.

sábado, 10 de outubro de 2015

C. sansaqua ... na Praza de Galicia



Dende finais de setembro , o único camelio que se ve coa flor por Campolongo é este da Praza de Galicia, en dúas das catro esquinas que ten o xardín da praza.  Na parte central do xardín hai varios camelios repartidos a ámbolos dous lados, pero son máis tardíos, aínda non teñen a flor.

mércores, 25 de setembro de 2013

Camelia Sansaqua "Yuletide"


A intensidade oscura das follas fai que as cores rosas das flores luzan máis. Moi utilizada en America do Norte nos xardíns. Foto de orixe