Amosando publicacións coa etiqueta Negras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Negras. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de novembro de 2019

Perla negra



Unha flor moi grande e redonda de dobre flor 'Black Pearl', a flor vermella máis escura do mundo das flores do té. A posesión exclusiva deste xardín foi estable durante moitos anos e vendeuse para compartir flores.

venres, 12 de febreiro de 2016

Camelias negras


A búsqueda da  excelencia, de ter a camelia máis bonita ,  ás veces leva unha vida de frustración, e entre os afeccionados a estas belas flores non só é o branco a máxica cor que produce os soños... senón alcanzar o negro pode ser un obxectivo. Para acadalo, en  Kanto (japón) existe desde 1829 unha camelia negra chamada "Kuro-Tsubaki". Esta planta foi a obsesión de moitos hibridadores. En colación coa camelia negra, na decada dos setenta un hibridador neozelandés chamado Oswald Blumhardt, desenvolveu un cruzamento entre a Camelia híbrida "Ruby Bells" e a chamada negra  japónica "Kuro-Tsubaki", grazas as  27 sementes que  o cultivador Kuro lle cedeu  , a pesar de non ser moi amigo das hibridacións,  Inmediatamente un amigo de Oswald, chamado  Ackerman logrou germinar dúas sementes en laboratorio, estas dúas sementes foron a orixe de dúas  novas lendas  das camelias negras, a C. hibrida ´Night Rider´ e a C. hibrida `Black Opal´