Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de maio de 2021

VI Exposición da Camelia no CEP Campolongo - 2008


 
Ademais de todo alumnado da escola, entre os participantes, teñen confirmadas a súa presenza os cultivadores con  varios premios de Camelia de Ouro, como Manuela couso, Conchita Sarmiento, Eduardo de la Rubia, Mercedes Fonterosa, Lelita Grandín, Juan XXIII, e os Irmáns Misioneros Pobres de Chapela.

III Exposición da Camelia - 2005 - "Un mar de camelias"

O espírito de Antonio Odriozola -a quen evocou o alcalde Fernández Lores no acto de apertura- estivo no colexio de Campolongo, con motivo de inaugurarse a terceira edición da súa exposición da camelia. Ao natural, debuxos, pinturas, fotografías e redaccións sobre esa bela flor adornaban o vestíbulo, corredores e outras dependencias do colexio que dirixe José Carlos Otero. Precisamente o director agradeceu a Carmen Salinero, presidenta da Asociación Española da Camelia, a súa presenza no acto e a axuda prestada para levar a cabo esta mostra, que estará aberta ata mañá. O acto contou tamén coa presenza de Javier González Vermello, de Educación, Gerino Calvo, director da UNED/UNED, e os concelleiros Luís Bará, José Antonio García Lores e Beatriz Piñeiro.
O concurso de flores, nas distintas especialidades, foi gañado por Manuel Couso, Teresa Fernández, os Misioneiros Irmáns dos Enfermos Pobres de Chapela, Lelita Grandín, José Arán, APA San José de Campolongo e Asociación Xoán XXIII, que levou o premio á presentación artística. Ademais, tamén se entregaron diplomas a todos os participantes, incluídos numerosos escolares que presentaron as súas flores. Premios escolares. Así mesmo, entregáronse os premios dos concursos escolares de redación, debuxo e fotografías sobre a camelia, que recaeron nos alumnos Beatriz Martín, Cristina Balchada, Alberto Escobar, Daniel Piñeiro, Luís Ansín, Juan Pedro Vidal, Raquel María Hernández, Xema Sánchez e Sara Ástor. En canto ao de carteis das festas de San José, María Membrives, Ana Campelo e Beatriz Gómez. 

 Artigo traducido ó galego do xornal "La Voz de Galicia"

domingo, 3 de xullo de 2016

Roteiro entre camelias -Cidade de Pontevedra














Traballo feito con moita paciencia, paseando e apuntando en que rúas e prazas do centro de Pontevedra hai camelios/as.   Feito por dous irmáns, Xares (1ºC)  e Aldán (3ºD) . Por suposto levou un merecido premio. Ver o Roteiro de en PDF

mércores, 30 de marzo de 2016

Historia do comezo da Camelia no CEP Campolongo


A historia deste certame, que se celebra normalmente en  marzo e que estivo  incluído no Camiño da Historia do Xacobeo , remóntase ao curso académico 2002-2003, cando, con motivo do 30 aniversario do centro escolar programouse un amplo abano de actividades con carácter lúdico-didáctico, entre as que se atopaban un por entón insólito concurso sobre a Camelia.

Aquela actividade tivo un extraordinario éxito, polo que o claustro de profesores e o consello escolar do centro educativo decidiron aprobar a continuidade da mesma. 
Na imaxe temos o cartel da II Exposición da Camelia no CEIP Campolongo (agora CEP Campolongo) - VER NA  PAXINA DA XUNTA