Amosando publicacións coa etiqueta Persoeiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Persoeiros. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de xullo de 2022

A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

Decía da Camelia o seguinte: Viñeron a Galicia de terras foráneas plantas de diverso feitío. Pero houbo unha que se afixo ó país de xeito especial vivindo nel vizosamente. Referímonos á camelia, que chegou de horizontes afastados para lucir as súas cores na paixase galega. Tan galega se fixo que é flor das Rías Baixase de Galicia toda, En pazos, hortos, nas beiras litorais, en lugares de interior, a camelia amosa a variedade da súa luz e cor en xardíns dos nosos invernos grises. Como alguén dixo, nos días da gran morte da flora inverniza aparece a camelia vestida de luz. Trátase dunha fermosa visitante do arredado Oriente no noso país que aquí arraizou para se converter en florida cromática do mundo vexetal autóctono. Máis na páxina web da escola (CEP Campolongo)

 Francisco Fernández del Riego-  lntroducción de la exposición de Alex Vázquez "A camelia nos xardíns das Rías Baixas" Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León", febreiro 2007

Mais sobre o persoeiro

domingo, 19 de xuño de 2016

Camelia japonica `Valle Inclán"



Camellia japonica "Vale Inclán" nunha foto e na portada da Revista Camellia, publicación semestral da Sociedade Española da Camelia. A obra pictórica fué realiza polo artista de Vilaxoan de Arousa, Xaquin Chaves.

"O xoves 23 de Xuño de 2016" , dentro dos actos de celebración do 150 aniversario do nacemento de D. Ramón María del Valle-Inclán, a Sociedad Española da Camelia, o Concello de Vilanova de Arousa e a Deputación Provincial de Pontevedra, levou a cabo a prantación dunha Camelia conmemorativa, a Camellia japonica “Valle Inclán”, unha obtención da Finca Chazo de Boiro e cedida polos seus propietarios Begoña Franco e José Torres para a sua incorporación a flora do Xardin da Casa do Cuadrante e tamén ás moitas camelias que adornan a Casa Museo de Valle Inclán"

Nova sacada do Facebook de Daniel Domínguez Fernández

xoves, 6 de novembro de 2014

C. japonica `Bela Otero" - "Bella Otero"



Agustina Otero Iglesias, máis coñecida como A Bela Otero ou Carolina Otero, nada en Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega.

sábado, 8 de xuño de 2013

Camelias de Maciñeira


En Mañón, o concello que linda ao leste con Ortigueira, hai un Pazo cunha boa plantación de camelias, entre outras árbores, que destaca, sobre todo, polos seus grandes exemplares. 
A finca (non visitable) , coñecida como a "Finca das Camelias" (Pazo de Torre de Lama), é  unha propiedade do século XIV restaurada nos anos cincuenta do século XX, situada na desembocadura do río Sor, moi preto do Cantábrico. A finca pertenceu a Federico Maciñeira  Pardo de Lama (o ilustre historiador, estudoso da arqueoloxía galega), bisavó dos actuais propietarios; deste pasou ao fillo, José Diego Maciñeira Lage, o tío avó, quen encheu os seus xardíns de camelias, cultivando e producindo as súas propias variedades (Sangue de Pichón, ...Do Pozo, Rosa Maciñéira, ...)

Tamén tiveron relación de parentesco cos señores da Torre a escritora Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. 

Na actualidade é a meirande plantación de camelias de Europa e a segunda do mundo. Adican á camelia unhas trinta hectáreas, das cen coas que conta a finca; cultivan moitísimas variedades. 

Com anécdota, fai algúns anos  conseguíron a variedade de Camelia Negra, e  nunha ocasión leváronna a unha feira e desapareceulles.

Apenas se conservan restos da Antiga Torre.

Artigo relacionado: C. japonica "D. José Diego Manciñeira´