Amosando publicacións coa etiqueta Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galegas. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de febreiro de 2021

Camellia japonica de Galicia


De momento estos son os cultivares que temos. ou dito doutra forma, esta son as "camelias japonicas " propiamente Galegas, "De colleita propia".  Pero seguro que dentro de pouco aumentarán pola moita afición que temos na Galicia a esta flor que tan ben se adaptou a esta terra.

Ver a Xapónica `Reticulata Caldas´

`Camelia reticulata Caldas´

 A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, pertencente á Deputación,  comunicou ó  Concello de Caldas a aprobación e incorporación da 'Camelia reticulata Caldas' ao Rexistro Internacional da Camelia. Esta camelia era plantada en 2016 no xardín botánico do municipio, coa intención de homenaxear ao científico ilustrado Francisco José de Caldas e prócer da independencia de Colombia, nomeado ademais fillo adoptivo da vila terman onde ten as súas raíces familiares.Trátase dunha flor moi grande, de 15 centímetros de diámetro, con cor rosa clara brillante, de forma semidobre e con ata unha vintena de pétalos.

  Ver nova na prensa

domingo, 19 de xuño de 2016

Camelia japonica `Valle Inclán"



Camellia japonica "Vale Inclán" nunha foto e na portada da Revista Camellia, publicación semestral da Sociedade Española da Camelia. A obra pictórica fué realiza polo artista de Vilaxoan de Arousa, Xaquin Chaves.

"O xoves 23 de Xuño de 2016" , dentro dos actos de celebración do 150 aniversario do nacemento de D. Ramón María del Valle-Inclán, a Sociedad Española da Camelia, o Concello de Vilanova de Arousa e a Deputación Provincial de Pontevedra, levou a cabo a prantación dunha Camelia conmemorativa, a Camellia japonica “Valle Inclán”, unha obtención da Finca Chazo de Boiro e cedida polos seus propietarios Begoña Franco e José Torres para a sua incorporación a flora do Xardin da Casa do Cuadrante e tamén ás moitas camelias que adornan a Casa Museo de Valle Inclán"

Nova sacada do Facebook de Daniel Domínguez Fernández

venres, 12 de febreiro de 2016

C. japonica `Leonor Magariños´


Ver un nova na prensa

No Diario de Pontevedra

Ver vídeo con  Leonor Magariños  impartindo un curso para cultivar camelias

Outra camelia orixinada por ela : Alejandro Mansilla

C. japonica `Santa Lucía´


C. japonica `Cocó´


C. japonica `Carmen Paz´


C. japonica `Marisa´


C. japonica `D. José Diego Manciñeira´


Artigo Relacionado: Camelias de Maciñeira

sábado, 28 de decembro de 2013

Camellia japonica e ´Merry Christmas` e `Bo Nadal´

Camellia japonica 'Merry Christmas', é unha camelia de tamaño medio, entre simple e semidoble e que florece nas épocas Cedo e Media. É unha obtención de Nuccio's Nurseries de Altadena, California, USA.

A de abaixo e unha camelia galega (Bo Nadal)

Link de `Bo Nadal´

Ver fotos da esposición da X Exposición de Camelias sasanquas e outras en Boiro

luns, 27 de maio de 2013

Camelia japónica "Cereixa do Tollo"


A que faltaba das catro variedades propias do Viveiro "Río Tollo" é esta, a "Cereixa do Tollo". Ver as outras en Camelias Galegas

C. japonica "Dama de Tollo"


Outra camelia das catro variedades que ten rexistradas como propias o viveiro "Río Tollo", en Goián (Tomiño-Pontevedra).

As outras pódense ver na categoría Camelias Galegas

C. japonica `Filla de Tollo´


Outra das camelias que poderiamos chamar "galegas" porque aquí foron creadas, no sur de Pontevedra, preto de Portugal, no Baixo Miño, en Goian (Tomiño),  a "Filla do Tollo".

Camellia japonica `Río Tollo´


Polo sur de Pontevedra hai un famoso viveiro chamado "Río Tollo" que ten catalogadas catro variedades propias de camelias xapónicas. Unha delas é esta que vemos aquí, e leva o nome do río que baña o lugar, "c.x. río Tollo".