Etiquetas
- 1-Índices (2)
- Aceite (1)
- Amarelas (9)
- Americanas (1)
- Árbores (1)
- Árbores senlleiras (2)
- Artesanía (4)
- Aula Didáctica (29)
- Australia (1)
- Bicolor (40)
- Brancas (28)
- Campolongo (32)
- Con fragancia (5)
- Congresos (1)
- Contos (7)
- Cultivadores (2)
- Cultivo (2)
- Curiosidades (18)
- Descoñecidas (6)
- Dicionario da camelia (2)
- Entrevistas (1)
- Especies (41)
- Exposicións (43)
- Fichas (4)
- Follas (1)
- Formas (2)
- Fotos (36)
- Francesas (2)
- Galegas (21)
- Higo (2)
- Historia (25)
- Libros (4)
- Lilas (3)
- Manualidades (10)
- Moradas (3)
- Murais (3)
- Música (3)
- Nas rúas de Pontevedra (7)
- Negras (5)
- Nomes curiosos (28)
- Pazos (3)
- Persoeiros (8)
- Poesía (15)
- Portuguesas (28)
- Premios (6)
- Produtos (3)
- Rosadas (65)
- Roteiros (2)
- Saídas (1)
- Sen Nome (1)
- Té (2)
- Traballos 2013 (5)
- Traballos 2014 (1)
- Traballos 2015 (2)
- Traballos 2016 (21)
- Traballos 2017 (7)
- Traballos 2018 (10)
- Traballos 2019 (10)
- Traballos 2020 (1)
- Vermellas (33)
- Vídeos (11)
- VII Exposición (1)
- Viveiros (5)
- XIV Exposición (29)
- XIX Exposición (2)
- Xogos (3)
- XV Exposición Campolongo (12)
- XVI Exposición (16)
- XVII Exposición (12)
- XVIII Exposición (1)
- XX Exposición da Camelia (1)
martes, 25 de maio de 2021
III Exposición da Camelia - 2005 - "Un mar de camelias"
O espírito de Antonio Odriozola -a quen evocou o alcalde Fernández Lores no acto de apertura- estivo no colexio de Campolongo, con motivo de inaugurarse a terceira edición da súa exposición da camelia. Ao natural, debuxos, pinturas, fotografías e redaccións sobre esa bela flor adornaban o vestíbulo, corredores e outras dependencias do colexio que dirixe José Carlos Otero. Precisamente o director agradeceu a Carmen Salinero, presidenta da Asociación Española da Camelia, a súa presenza no acto e a axuda prestada para levar a cabo esta mostra, que estará aberta ata mañá. O acto contou tamén coa presenza de Javier González Vermello, de Educación, Gerino Calvo, director da UNED/UNED, e os concelleiros Luís Bará, José Antonio García Lores e Beatriz Piñeiro.
O concurso de flores, nas distintas especialidades, foi gañado por Manuel Couso, Teresa Fernández, os Misioneiros Irmáns dos Enfermos Pobres de Chapela, Lelita Grandín, José Arán, APA San José de Campolongo e Asociación Xoán XXIII, que levou o premio á presentación artística. Ademais, tamén se entregaron diplomas a todos os participantes, incluídos numerosos escolares que presentaron as súas flores. Premios escolares. Así mesmo, entregáronse os premios dos concursos escolares de redación, debuxo e fotografías sobre a camelia, que recaeron nos alumnos Beatriz Martín, Cristina Balchada, Alberto Escobar, Daniel Piñeiro, Luís Ansín, Juan Pedro Vidal, Raquel María Hernández, Xema Sánchez e Sara Ástor. En canto ao de carteis das festas de San José, María Membrives, Ana Campelo e Beatriz Gómez.
Artigo traducido ó galego do xornal "La Voz de Galicia"
luns, 24 de maio de 2021
Exposicións sobre a camelia do CEP Campolongo
Recollida de material de moitas das Exposicións do CEIP/CEP Campolongo dende o seu comezo. Falta algunha información sobre todo dos primeiros anos.
Camelias en Pontevedra 1965-1974 - Historia, concursos, poemas ...
PDF coa historia dos inicios da camelia na cidade de Pontevedra, poderás comprobar como hai dúas chegadas, sendo a principal desde O Porto (Portugal): 1- Casa Rene Puyf Fits, de Bayona (Francia) con dous exemplares, e Marqués Loureiro.
martes, 4 de maio de 2021
luns, 29 de marzo de 2021
domingo, 28 de febreiro de 2021
Anécdora da IV Exposición da Camelia no 2006 - As Camelias e a mona das Palmeiras
O concurso IV Exposición da Camelia do CEIP de Campolongo (2009) tivo un contido en grao sumo reivindicativo, cun carácter moi amable pero reivindicativo ao fin. Empezou o director do colexio, José Carlos Otero López, pedindo ao alcalde, Fernández Lores, que o Concello apadriñara a iniciativa de realizar un certame escolar itinerante da camelia, de modo que todos os centros poidesen aproveitarse do «excelente recurso educativo» que supón e facelo cada ano un deles para garantir o seu futuro. E seguiu o delegado de Educación, Cristóbal Fernández, que se remontou aos seus anos de estudante cando viña examinarse ao Sánchez Cantón desde o seu Deza natal e lembraba perfectamente dúas cousas: as camelias e a mona das Palmeiras. Entre risas, propúxolle ao alcalde que poderían facer algo no seu recordo, como un dos símbolos da cidade. O alcalde recolleu a luva e tamén nun ambiente moi distendido indicou que a mona era un dos personaxes que está previsto para facerlle un monumento, do mesmo xeito que o boticario Perfecto Feijoo, que ben podería situarse á beira do seu papagaio Ravachol, na Peregrina. Esta iniciativa, explicou, enmárcase na política da súa Concello de recuperar figuras da historia da cidade e a mona, que permaneceu ata finais dos 70 ou principios dos 80, sen dúbida érao. En canto á organización rotatoria do certame escolar da camelia non puxo ningún reparo e mostrouse disposto a participar no do ano que vén, no colexio que fose. Iso si, tamén implicou ao delegado de Educación, por aquilo de devolverlle a pelota, e sumouse a idea Carmen Salinero, presidenta da Asociación Española da Camelia, que prometeu colaboración como ata o de agora.Volvendo ao certame concedéronse diversos premios nas distintas clases de camelias. Así, na branca, os gañadores foron para Manuela Couso Ares, cultivadora que xa obtivo varias Camelias de Ouro do concurso da Deputación; e Eduardo da Loura Huete, tamén Camelia de Ouro no recente certame provincial. Nas xaspeadas, os gañadores foron, outra vez Manuela Couso, e Cristina Torrado Valiña. En camelia rosa, Mercedes Pita Mon e Eduardo da Loura Huete e en camelia vermella, Concepción Sarmiento Alonso e os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis. E en presentación artística, os gañadores foron o grupo Maluma do Grove e a asociación Diur de adolescentes de 60 a 80 anos, de Pontevedra. Concedeuse un accésit á Asociación Xoán XXIII. Logo, entregáronse numerosos premios aos escolares que participaron nos distintos certames de redacción, poesía, debuxo e pintura, fotografía e traballos artísticos coa camelia de protagonista. No acto tamén estiveron o director da Uned, Gerino Calvo, e as concelleiras Celia Alonso e Beatriz Piñeiro, e leuse unha mensaxe do presidente Pérez Touriño sumándose ao acto. Ver nova na prensa
sábado, 27 de febreiro de 2021
Camellia japonica de Galicia
De momento estos son os cultivares que temos. ou dito doutra forma, esta son as "camelias japonicas " propiamente Galegas, "De colleita propia". Pero seguro que dentro de pouco aumentarán pola moita afición que temos na Galicia a esta flor que tan ben se adaptou a esta terra.
Ver a Xapónica `Reticulata Caldas´
`Camelia reticulata Caldas´
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, pertencente á Deputación, comunicou ó Concello de Caldas a aprobación e incorporación da 'Camelia reticulata Caldas' ao Rexistro Internacional da Camelia. Esta camelia era plantada en 2016 no xardín botánico do municipio, coa intención de homenaxear ao científico ilustrado Francisco José de Caldas e prócer da independencia de Colombia, nomeado ademais fillo adoptivo da vila terman onde ten as súas raíces familiares.Trátase dunha flor moi grande, de 15 centímetros de diámetro, con cor rosa clara brillante, de forma semidobre e con ata unha vintena de pétalos.
O Xardín da Casa de Rosalía - Titulo orixinal: Carballos e figueiras
"A publicación de O xardín da Casa de Rosalía (2017) de Carlos Rodríguez Dacal puxo en valor todo o patrimonio vexetal que vive arredor da Casa de Rosalía na Matanza, que desde logo non é menor. Trátase dun traballo moi ben documentado e ilustrado que, ó tempo que fai un percorrido pola riqueza e variedade das plantas e das árbores do xardín, ó final é tamén un percorrido moi proveitoso pola historia da propia Casa. Co libro vai implícita unha homenaxe a unha autora que utiliza criterios e posicións estéticas e políticas moi avanzadas no que se refire a paisaxe, natureza e patrimonio vexetal. Que
o digan o prólogo de Cantares ou “Los robles” e “Jamás lo olvidaré!” de En las orillas del Sar. No catálogo deste xardín, con máis de 50 especies, destaca desde logo o conxunto de camelias, entre elas a que leva o nome “Rosalía de Castro”, criada no Porto, e son moi significativos varios rexistros monumentais e senlleiros do patrimonio natural galego. Están entre eles a Figueira da Casa de Rosalía (que resiste centenaria a pesar dos anos e dos temporais), o Loureiro dos Poetas (ó pé do cal se fixo a coñecida foto familiar, derradeira de Rosalía), o xigantesco Ombú (procedente da Casa de Galicia bonaerense e plantado cando se inaugurou a Casa-Museo en 1971 xunto coa Árbore do Coral ou Eritrina) e outras plantas memorables, coma o Carballo de Gernika, plantado por Avelino Pousa Antelo e símbolo dos lazos fraternos entre Galicia e Euskadi. Precisamente, cando este emblemático carballo secou por causa dun perigoso fungo (a Armillaria mellea, o mesmo que matara a árbore que fora testemuña do criminal bombardeo), solicitamos das Xuntas Xerais de Biscaia un novo descendente do Gernikako Arbola. Había que ir buscalo ós viveiros onde ser reproducen innumerables herdeiros de tan emblemático exemplar. Como a Fundación Rosalía de Castro ordenara reproducir a figueira centenaria con varias fillas a partir das súas pugas de inverno, traballos que xenerosamente realizou o equipo técnico do Xardín Botánico de Padrón, chegara o momento de exercer o que Rocío Castro denominou con moito acerto “diplomacia botánica”. Así, trouxemos un novo Carballo de Gernika e deixamos en Euskadi unha filla da figueira rosaliana. O carballo plantouse arredor do Día de Rosalía de 2019 e veu Ana Otadui, presidenta das Xuntas, para facelo con toda a honra que merecía. A figueira, infelizmente, non puido aínda plantarse debido á pandemia na que aínda vivimos. Asombrounos como o Gernikako Arbeloa tiña todo un extenso espazo dedicado á súa cría e conservación. Pero é lóxico se temos en conta que hai centos de descendentes do carballo de Gernika polo mundo adiante: dos levados a América coa emigración do XIX ó que acaba de plantarse en Auschwitz. Tanto as Xuntas de Biscaia coma o Goberno de Euskadi utilizan a repoboación a escala planetaria do seu carballo coma un símbolo de paz e convivencia asociado ó pobo vasco e ás súas liberdades: a diplomacia botánica. Moito máis humildemente, a Fundación Rosalía de Castro vénlle propondo a aquelas entidades que colaboran coa institución e apoian as súas actividades a plantación desta figueira coma un símbolo rosaliano asociado á súa Casa, á defensa do patrimonio natural e dos grandes perfís e valores da nosa autora. Agora medran figueiras da Casa de Rosalía pola Gándara de Narón, no parque que leva o nome da autora; en Moaña, ó pé co Centro Rosalía de Domaio; nas terras de Vedra, que Rosalía cita en “Domingo de Ramos”; na horta do Parlamento de Galicia; no Xardín do Recordo do Pazo do Faramello en Rois; no parque de Santa Margarida na Coruña, onde fai par coa maceira que dá as mazás de Newton; e axiña medrará tamén na terra de Castelao, Dieste e Manuel Antonio: así o quere o Concello de Rianxo, con Adolfo Muíños á fronte, que se acaba de facer “Amigo da Casa de Rosalía”. As fillas da figueira son pequenas e aínda así recoñecemos nelas a feitura da vella e centenaria. Medrarán vizosas, certamente, cos seus doces figos e coa súa fresca sombra, como vizosa vive e medra en Galicia, nas hortas, nos corazóns e nos camiños da liberdade, a figura que representan." - VER AS ÁRBORES
Artigo de Anxo Angueira. (Nós Diario)
xoves, 25 de febreiro de 2021
Lenda india e xaponesa do té
Os indios atribúen o descubrimento té ao Príncipe Bodhi-Dharma, fillo do Rei Kosjuwo. Este deixara a India para ir ao Norte a predicar o budismo ao longo do camiño. Prometeu non durmir durante a súa meditación de sete anos. Ao final do quinto ano estaba cedendo á lasitude e a somnolencia, pero unha providencial casualidade fíxolle coller e mascar algunhas follas dunha árbore non identificada. Resultou ser a árbore do té e as súas extraordinarias propiedades permitíronlle cumprir a súa promesa.
A lenda xaponesa é un pouco diferente da india: ao final de tres anos de meditación, o Príncipe Bodhi-Dharma caeu durmido e soñou con todas as mulleres ás que amara. Ao espertar, enfureceuse tanto coa súa propia debilidade que se arrincou as pálpebras e enterrounas. Volveu ao mesmo lugar algún tempo despois para atopar que as súas pálpebras enraizaran e creceran ata converterse nalgún arbusto descoñecido. Mascou algunhas follas e descubriu que tiñan a propiedade de manter os seus ollos abertos. Contou a historia aos seus seguidores, que recolleron as sementes e así comezou o cultivo do té.
Ver unha versión chinesa
Ver unha versión chinesa
mércores, 24 de febreiro de 2021
Lenda chinesa do té
Na imaxe temos unha lenda en inglés coa versión da orixe do té. (Axiña traduciremos). De momento deixamos aquí outra lenda, tamén da súa orixe:
"O emperador chinés Shen Mung esperaba aquel día unha importante visita, e todos os criados do palacio achábanse moi atarefados, preparando os cuartos dos hóspedes.
Nun pequeno aposento que había no xardín, o emperador parecía moi preocupado e daba ordes e máis ordes. Quería que os seus invitados recibisen unha boa impresión e marchasen contentos.
Moi preto da porta de entrada do pavillón, crecían flores de loto e un arbusto de "tsha" ou "té". Un dos criados, por indicación do emperador, deixou xunto á porta un recipiente con auga fervendo. Un suave vento comezou a soprar e algunhas follas do arbusto de té foron a caer dentro do recipente con auga, tomando esta unha cor torrada.
Shen Mung sentiu que o aroma refrescante que flotaba o aliviaba do cansazo que padecía. Sentou no chan, e sacou cun cazo un pouco para beber uns sorbos. Sorpresa! A infusión tiña un sabor delicioso, e o emperador atopábase xa con folgos. Colleu despois máis follas e preparou unhas cuncas para obsequiar aos seus visitantes.
A velada transcorreu entre risas e comentarios. A saborosa bebida estendeuse por todo o mundo, e hoxe prepárana en todos os recunchos da Terra"
Ver versión India e Xaponesa.
Ver versión India e Xaponesa.
martes, 23 de febreiro de 2021
A introdución da Camelia en Pontevedra. (I)
Nun principio creuse que as primeiras camelias en chegar a Europa entraron por Portugal a mediados do século XVI e traídas por antepasados do conde de Campobello. Con todo hoxe está aceptado que as primeiras importacións de camelias chegaron a Portugal sobre 1808 - 1810 desde un viveiro londinense, MILE END e importadas por un tal Vanzeller. Ver outras opinións.
D.José Marques Loureiro gran horticultor, de orixe humilde, naceu no ano 1830, en Besteiros, distrito de Vizeu e foise a Porto aos 15 anos para traballar nun pequeno viveiro propiedade de Pedro Marques Ribeiro, a QUINTA DÁS VIRTUDES. No ano 1849-50 pasa ás súas mans chegando a ter en 1972 máis de 750 variedades das cales máis de 150 eran de creación portuguesa e desde alí veñen a Pontevedra, Vigo e a todo o Sur de Galicia, para seguir estendéndose polo Norte de España e ao resto da Península. No seu catálogo nº 1 editado en 1865 figuran 169 variedades portuguesas. O noso investigador Odriozola afirma que as primeiras camelias de Pontevedra e Vigo proveñen efectivamente do establecemento de Marques Loureiro e baséase nunha factura fechada o 28 de Xaneiro de 1876 pasada á Escola de Agricultura de Pontevedra (1873 a 1886) e que hoxe está na Biblioteca do Museo de Pontevedra e na que figuran entre outras "trepadeiras, arbustos de follaxe permanente e de folla caduca" e 25 variedades de camelias cos seus nomes respectivos, 17 portuguesas e 8 estranxeiras de prezo entre 400 e 700 reais, carísimas, con Alba Plena, Peonía rubra e Coletti Beira, entre outras. Despois a propia Escola publicou un Catálogo de plantas, arbustos, etc. en 1882 con 130 variedades 60 portuguesas e 50 estranxeiras. Tamén existe a constancia de que foi o Marques Loureiro ao que chaman enxeñeiro paisaxista o que estableceu no ano 1860 os xardíns do Pazo do Marqués Valladares hoxe o núcleo do Parque Quiñones de León- Vigo. Posteriormente en 1890 o viveiro portugués pasou a denominarse COMPANHIA HORTICOLA AGRICOLA DE PORTO xunto con Geronimo dá Costa.
Máis en Camelias.Net.
Ver cartel de Porto
xoves, 18 de febreiro de 2021
Camelias plantadas no CEP Campolongo durante o curso 2020-21
Zona leste da escola Lateral do pavillón |
CAMELIAS ZONA LESTE:
1 - Camellia xapónica `Kumagai Branca´
2 - " " `Montironi´
3 - Camellia sansaqua `Navajo´
4 - Camellia xapónica `Jitsugetsu´
5 - Camellia sansaqua `196 Ar´(1)
6 - " " `196 Ar ´(2)
8 - Camellia williansii `Laura Boscawen´
9 - Camellia xapónica `Pomponia Branca´
10 - " " `Filippo Parlatore´
11 - " " `Adolphe Audusson´
12 - " " `Gran Prix´
13- " " `S12´
14 - Camellia xapónica`Magnolia Rosa´
15 - " " `Oca8´
16 - " " `Triumphans´
17 - " " `Grand Sultán´
18 - " " `250 I´
19 - " " `Latifolia´
20 - " " `Guest of Honor´
VER AS CAMELIAS DA ZONA OESTE (COMEDOR)
luns, 15 de febreiro de 2021
Camelias plantadas no curso 2019-20
- 1- C. sansaqua `Navajo´ -
- 2 - " "
- 3 - " "
- 4 - " `Kenkyô´
- 5- ----? ----
- 6 - C. sinensis
- 7- C. sansaqua
- 8 - "
- 9 - "
- 10 - "
- 11 - "
- 12 - C. sansaqua `Navajo´
- 13 - C. sansaqua
- 14 - "
- 15 - ---- seca ------------
- 16 - C. sansaqua
- 17 - C "
- 18 - --- non ten etiqueta
- 19 - -- seca?
- 20 - C. sansaqua ?
- 21 - c. sansaqua
domingo, 14 de febreiro de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)