Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta Aula Didáctica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aula Didáctica. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de febreiro de 2021

Camellia japonica de Galicia


De momento estos son os cultivares que temos. ou dito doutra forma, esta son as "camelias japonicas " propiamente Galegas, "De colleita propia".  Pero seguro que dentro de pouco aumentarán pola moita afición que temos na Galicia a esta flor que tan ben se adaptou a esta terra.

Ver a Xapónica `Reticulata Caldas´

venres, 12 de febreiro de 2016

Charla sobre o inxerto no cultivo da camelia. II Exposición da Camelia R...

C. Reticulata. Cultivares (Variedades)

Á primeira reticulata traída de China en 1926 déuselle o nome do seu introductor 'Captain Rawes'. En 1847 foi introducido o segundo cultivar de reticulata, unha gran flor dobre formal de cor rosa intensa, á que tamén se lle deu o nome do que a introduciu, 'Robert Fortune' coñecida tamén como "flore pleno". Case todas as reticulatas que hai actualmente en occidente son híbridos, ben de C. reticulata x C. reticulata, ou de C. reticulata x C . japónica, e en moitas delas non se coñecen os seus antecesores. Algúns exemplos de cultivares de C. reticulata son "Arbutus Gum", "Arch of Triumph", "Bernadette Karsten", "Black Lace", "China Lady" , "Dr. Clifford Parks ", "Dream Castle", "Francie L.", "Lasca Beauty", "Lila Naff", "Mandalay Queen", "Nuccio's Ruby", "Otto Hopfer", "Royalty", "Terrell Weaver", " William Hertrich".

Artigo Relacionado: Camelia Reticulata (Curiosidades)


Camelia Reticulata. Curiosidades


A primeira Camellia reticulata que floreceu en Europa fíxoo en Inglaterra en 1926. Enseguida viuse que era diferente da C. japonica e chamóuselle C. reticulata pola marcada nerviación das súas follas. Son orixinarias de China, sobre todo do suroeste, da provincia de Yunnan, onde crecen silvestres desde hai séculos.

A planta é unha pequena árbore de ata 15 m de altura, de crecemento máis rápido e aberto que as japónicas, con ramas de cor pardo -grisáceo. As follas son elíptico-lanceoladas, acuminadas, co bordo aserrado, grandes, de 7,5-11,5 cm. de lonxitude e 2, 5 - 5,6 cm. de ancho, cariáceas, ríxidas, de cor verde escura polo feixe e máis claras polo envés e coas veas moi marcadas. As follas xeralmente vellas caen ao final da primavera, cando aparecen os brotes novos, que adoitan ter un ton avermellado.

As flores son grandes, solitarias, de ata 17 cm de diámetro, con número variable de pétalos segundo trátese de flores simples ou de formas máis complexas. Aparecen a finais do inverno, cando as japónicas xa floreceron. As cores varían desde o rosa máis pálido ata o vermello máis intenso, pero ata hoxe non se atopou un cultivar de C. reticulata de cor branca puro.

Artigo relacionado: Camelia Reticulata. Cultivares

Cultivo de C. sasanqua


Condicións climáticas:
Precisa chans acedos e ricos en humus, igual que a camelia japónica,  aínda que tolera mellor os chans pobres. En canto ás condicións climáticas, necesitan un clima tépedo e húmido, as sasanquas quizá sexan as camelias menos esixentes de todas, xa que poden estar a pleno sol e non necesitan tanta protección fronte ao vento.


Poda: 
Como o resto das camelias non necesitan poda, aínda que responden ben a ela. En caso de podalas, debe facerse xusto despois da floración, antes de que empecen a saír os novos brotes.
Rega:

As necesidades de auga varían segundo a estación, pero debe manterse unha humidade constante, evitando o encharcamiento, polo que é esencial que o chan teña un bo sistema de drenaxe.
Fertilización:
É recomendable aplicar un abono orgánico en marzo, cando os brotes están en crecemento, e controlar os síntomas foliares que poden reflectir posibles anomalías nutricionais.

Propagación:

Propágase igual que a camelia japónica , sobre todo mediante estaquillado

xoves, 11 de febreiro de 2016

"Árboredo de Lourizan " ou "Pazo de Lourizán"

Este fermoso e impresionante árboredo ten detrás del xa moitos anos de historia.  E dende xa fai algúns anos está incluído dentro do percorrido do "Roteiro da Camelia" da Galiza . Dentro del temos o coñecido  Pazo de Lourizán , unha casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia de Santo André de Lourizán do concello de Pontevedra.
No século XV este predio foi habilitado como "granxa" e desta época conserva o pombal ameado de planta circular.
Hoxe este árboredo é considerado un dos máis grandes de Europa.
No século XIX, o pazo,  pertenceu a Buenaventura Marcó del Pont, despois de que llo mercase aos herdeiros de Francisco Genaro Ángel, irmán da súa muller. Foise logo adaptando aos tempos e converteuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos. Coñecido este,  como un dos representantes máis importantes do sistema caciquel daquela época, onde os votos se mercaban con favores. 
A Deputación de Pontevedra adquiriuno a comezos da década de 1940, comprándollo á Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e (unha quinta parte) á marquesa viúva de Alhucema. En 1943 cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais; en  1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes. 
Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza.

O pazo conta consta de  54 hectáreas de xardín, leira e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.
Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiros, pradairos e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias ou alfaneiros, moitas delas traídas por xardineiros franceses. Varias destas árbores aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. A Metasequia foi candidata a ser árbol europeo do 2015. 
Decórase con hórreos, un pombal, un invernadoiro de vidro de estrutura férrea, unha mesa de granito dunha peza ( extraída dun penedo da Illa de Tambo, estatuas de mármore branco etc., e varias fontes, como a da Cuncha, a dos Tres Canos, a do Patio e a da Gruta dos Espellos. Organízase en avenidas, a das Camelias, a dos Eucaliptos e a da Gruta dos Espellos.
A fonte da Cuncha  mandouna traer Eugenio Montero Ríos do Caribe.

Na mesa de pedra, de 6 metros de lonxitude
e dunha soa peza, tomáronse decisións políticas importantes, facendo axiña  que o palacio fora un lugar de encontro de xornalistas, intelectuais e artistas. Montero Ríos asumiu varias granxas máis e foi el que construíu o gran portón de ferro arredor do complexo. Daquela, Montero Ríos, chamou este parque, "Parque das Rías ". É por iso que os veciños coñecen  este conxunto como A Granxa de
Montero Ríos. Montero Ríos mandou contruir tamen  a igrexa de Os Praceres en 1888, onde  están enterrados el e a súa dona. Mandou construir "O Pavillón dos Hóspedes" en Praceres,  que despois se convertiría no  "Gran Hotel de Baños de Mar" . Sendo  hoxe a Colexio  Sagrado Corazón de Xesús, ou comunmente chamado o Colexio das Monxas.

domingo, 1 de marzo de 2015

Formas Básicas da Flor da Camelia


Especies de Camellias

Partindo de que hai máis de 200 especies, e  estas varían dependo do autor e da clasificación presentamos unhas cantas xa localizadas e que ós poucos iremos completando a información.  Recordade que dentro de cada especie aínda hai un montón de variedades con diferentes nomes (ver índice dalgúns destes nomes). A meirande parte delas (as anteriores)  son da especie denominada japónica.  (Ver unha selección de especies máis pequena e máis coñecida)

1-C. Assimilis:
2-C. Chrysantha:
3-C. Chrysanthoides:
4-C. Cuspidata:
5-C. Edithae:
6-C. Euryoides:
7-C. Gaudichaudii:
7-C. Glabsipetala:
8-C. Grandiflora:
9-C. Grijsii:
10- C. Hongkonguensis
10-C. Irrawadiensis
11-C. Japonica (Wild Form):
12-C. Japonica variety Hozanensis:
13-C. Japonica variety Macrocarpa:
14-C. Kissi:
15-C. Lapidea:
16-C. Longicarpa:
17C. Lutchuensis:
18-C. Maliflora (Betty McCaskill):
19-C. Meiocarpa:
20-C. Miyagii:
21-C. Nitidissima variety Nitidissima:
22-C. Nokoensis:
23-C. Oleifera:
24-C. Puniceiflora:
25-C. Puniceiflora Dark:
26-C. Puniceiflora Light:
27-C. Purpurea:
28-C. Rosaeflora: Flor pequena e sinxela, tirando a rosa. Tamaño medio, o patrón de crecemento é en posición vertical arquenando. Follaxe veces mosqueado amarela claro. Profusa e gracioso.
 Small single. Medium pink. Medium, upright, arching growth pattern. Foliage sometimes mottled light yellow. Profuse and graceful.
29-C. Rosaeflora 'Grande'(n): Unha selecta planta derivada da Rosaeflora. Mesma cor e forma que anai, pero ámbalas dúas, flor e folla, son maiores. O crecemento é vigoroso, erecto, aberto e estendéndose. Unha  arabillosa variedade de xardín .
A selected Rosaeflora seedling. Same color and form as parent, but both flower and leaf are larger. Growth is vigorous, upright, open and spreadng. A wonderful garden variety
30-C. Salicifolia: Pequeno  e espeso, arbusto con folla estreita e longa. / A low, bushy, shrub with very long, narrow foliage. Small white, single
31-C. Saluenensis: Flor Branca encendida con rosa pálido  e rosa. Pequeno. Sinxela / White flushed with pale pink to rose. Small. Single
32-C. Sinensis 'Black Sinesis'(n):
33-C. Sinensis 'Moundy':
34-C. Sinensis (89#3):
35-C. Sinensis (Thea Sinensis)
36-C. Subintegra:
38-C. Synaptica:
39-C. Tenuiflora:
40-C. Transarisanensis: Camelia sinxela con banco suave con  moi pequena folla. Espesa e de crecemento lento, en vertical. Aseméllase a Transnokoensis, pero nunha escala menor .
Tiny white single, very small leaf. Slow, bushy, upright growth. Resembles Transnokoensis, but on a smaller scale
41-C. Transnokoensis: Flor moi pequena branco e sinela  con botóns de cor vermella. Folla pequena e estreita. Crecemento Medio, en posición vertical, estreita e arbustiva .
Very small single white with buds tinted red. Small, narrow foliage. Medium, upright growth, narrow and shrubby.

42C. Trichoclada: Moi pequenas e brancas flores que florecen na parte inferior das polas. Con folla moi pequena. Lenta e espesa difusión do crecemento.
Very tiny white single blooms appearing on bottom side of branches. Very small foliage. Slow, bushy, spreading growth.

43-C. Tsaii: Flor branco suave, follas finas e onduladas. Oleirifera.
Single white. Slender, wavy leaves. Fragrant.

44-C. Tunghinensis:Individual pequeno. Amarelo pálido. Lustrosa ou satinada, folla de tamaño medio. Tamaño medio, crecemento vertical, bastante arbustiva .
Small single. Pale yellow. Glossy, medium-size foliage. Medium, upright, fairly shrubby growth.

45-C. Yuhsienensis: Branca, moi pequena e sinxela. Crecemento vertical. Floración profusa. Agradable fragrancia
White, very small single. Upright growth. Profuse bloomer. Nice fragrance

46-C. Yunnanensis: Flores pequenas, pétalos ondulados individualmente. Branco, cremoso en dirección ao centro. Os botóns son marrón enferruxado. Pequeno, basto ou áspero follaxe . Erecto e estendéndose. Produce atractivas sementes avermelladas como de mazá. Oleirífera.
 Small, single, wavy petals. White, creamy toward center. Buds are rusty brown. Small, coarse foliage. Upright and spreading. Produces attractive reddish apple-like seed pods. Fragrant









Especies de Camelias - As máis coñecidas

Información de:

 Camelias.net    e    Aula Didáctica da Diputación

sábado, 28 de febreiro de 2015

Variegacións

Aula Didáctica da Diputación

Híbridos

Aula Didáctica da Diputación

Especie sinensis - Características


Imaxe feita do PDF "Aula Didáctica" da Diputación de Pontevedra

Especie sansaqua - Características


Imaxe feita do PDF "Aula Didáctica" da Diputación de Pontevedra

Camellia reticulata - Características

Sacado da Aula Didáctica da Diputación

Camellia japonica - Características


Sacado da Aula Didáctica da Diputación