Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de febreiro de 2021

Lenda india e xaponesa do té

Os indios atribúen o descubrimento té ao Príncipe Bodhi-Dharma, fillo do Rei Kosjuwo. Este  deixara a India para ir ao Norte a predicar o budismo ao longo do camiño. Prometeu non durmir durante a súa meditación de sete anos. Ao final do quinto ano estaba cedendo á lasitude e a somnolencia, pero unha providencial casualidade fíxolle coller e mascar algunhas follas dunha árbore non identificada. Resultou ser a árbore do té e as súas extraordinarias propiedades permitíronlle cumprir a súa promesa.

A lenda xaponesa é un pouco diferente da  india: ao final de tres anos de meditación, o Príncipe Bodhi-Dharma caeu durmido e soñou con todas as mulleres ás que amara. Ao espertar, enfureceuse tanto coa súa propia debilidade que se arrincou as pálpebras e enterrounas. Volveu ao mesmo lugar algún tempo despois para atopar que as súas pálpebras enraizaran e creceran ata converterse nalgún arbusto descoñecido. Mascou algunhas follas e descubriu que tiñan a propiedade de manter os seus ollos abertos. Contou a historia aos seus seguidores, que recolleron as sementes e así comezou o cultivo do té.

Ver unha versión chinesa

mércores, 24 de febreiro de 2021

Lenda chinesa do té


Na imaxe temos unha lenda  en inglés coa versión da orixe do té. (Axiña traduciremos). De momento deixamos aquí  outra lenda, tamén da súa orixe:

 "O emperador chinés Shen Mung esperaba aquel día unha importante visita, e todos os criados do palacio achábanse moi atarefados, preparando os cuartos dos hóspedes. Nun pequeno aposento que había no xardín, o emperador parecía moi preocupado e daba ordes e máis ordes. Quería que os seus invitados recibisen unha boa impresión e marchasen contentos. Moi preto da porta de entrada do pavillón, crecían flores de loto e un arbusto de "tsha" ou "té". Un dos criados, por indicación do emperador, deixou xunto á porta un recipiente con auga fervendo. Un suave vento comezou a soprar e algunhas follas do arbusto de té foron a caer dentro do recipente con auga, tomando esta unha cor torrada. Shen Mung sentiu que o aroma refrescante que flotaba o aliviaba do cansazo que padecía. Sentou no chan, e sacou cun cazo un pouco para beber uns sorbos. Sorpresa! A infusión tiña un sabor delicioso, e o emperador atopábase xa con folgos. Colleu despois máis follas e preparou unhas cuncas para obsequiar aos seus visitantes. A velada transcorreu entre risas e comentarios. A saborosa bebida estendeuse por todo o mundo, e hoxe prepárana en todos os recunchos da Terra"

Ver versión India e Xaponesa.

mércores, 10 de febreiro de 2021

Camelias Brancas "As Estrelas da Terra"


Conta a lenda que ao principio dos tempos, unha noite dúas estrelas xovenes que eran irmáns, comezaron a discutir por cal delas era a máis bela e todas as estrelas comezaron a discutir e la lúa tivo que intervir , mandou que todas se repartisen o ceo.

 Un día  no que a gran estrela alumeaba a terra viron unha árbore, unha camelia, con gran cantidade de flores brancas, así que decidiron descansar nela.
As estrelas  preguntáronse  se non sería un sitio perfecto para vivir. Deste xeito  as estrelas   converteron en camelias e dende entón as camelias son as estrelas da terra 

mércores, 16 de marzo de 2016

A Camelia - O Poema feito conto

Primeiro premio en contos. Feito por Ana C. F. de 6ºA, durante o curso 2015-16. XIV Exposición da camelia.

luns, 30 de decembro de 2013

A princesa Inés e Filipo o Portugués

Conto feito durante o curso 2012-13 no CEIP Campolongo. Agora o centro é un CEP) (Centro de Educación Primaria)