Amosando publicacións coa etiqueta Camelia japónica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Camelia japónica. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de febreiro de 2021

Camellia japonica de Galicia


De momento estos son os cultivares que temos. ou dito doutra forma, esta son as "camelias japonicas " propiamente Galegas, "De colleita propia".  Pero seguro que dentro de pouco aumentarán pola moita afición que temos na Galicia a esta flor que tan ben se adaptou a esta terra.

Ver a Xapónica `Reticulata Caldas´

martes, 28 de xuño de 2016

Camellia japonica `Dick Hardison Variegated´

Camelia japonica chamada  "Dick Hardison Variegated " .  Esta variedade foi introducida por Dick Hardison de Tallahassee, Florida en 1997.

Camellia japonica `Lallarook´

Velaquí unha bella japonica chamada 'Lallarook'. Esta variedade foi traído para a Francia de Italia por Guichard en 1893. Aínda así segue tan fermosa  100 anos máis tarde!

Camellia japonica `Villa de Nantes´

Unha das camelias máis populares de sempre en América é a japonica chamado 'Ville De Nantes'. É un `sport´ de "Donckelarii" que se introduciu en Francia en 1910.

domingo, 19 de xuño de 2016

Camelia japonica `Valle Inclán"



Camellia japonica "Vale Inclán" nunha foto e na portada da Revista Camellia, publicación semestral da Sociedade Española da Camelia. A obra pictórica fué realiza polo artista de Vilaxoan de Arousa, Xaquin Chaves.

"O xoves 23 de Xuño de 2016" , dentro dos actos de celebración do 150 aniversario do nacemento de D. Ramón María del Valle-Inclán, a Sociedad Española da Camelia, o Concello de Vilanova de Arousa e a Deputación Provincial de Pontevedra, levou a cabo a prantación dunha Camelia conmemorativa, a Camellia japonica “Valle Inclán”, unha obtención da Finca Chazo de Boiro e cedida polos seus propietarios Begoña Franco e José Torres para a sua incorporación a flora do Xardin da Casa do Cuadrante e tamén ás moitas camelias que adornan a Casa Museo de Valle Inclán"

Nova sacada do Facebook de Daniel Domínguez Fernández