venres, 17 de novembro de 2017

De experimento a factoría de ouro líquido

A estación fitopatológica prensa xa mil quilos de sementes de camelia ao ano para convertelas en aceite.
Corría o ano 2010 e os medios de comunicación facíanse eco de que na Estación Fitopatolóxica do Areeiro (situada en Lourizán) poñían a proba o potencial oleoso da camelia. Tras un estudo previo, experimentábase coa produción de aceite da árbore que dá a flor máis bela do mundo e utilizábase para iso unha máquina de prensar traída de Xapón. Pasaron sete anos desde entón. E o que naquel momento era un experimento exótico converteuse nunha factoría de ouro líquido, é dicir, dun aceite igual ou mellor que o de oliva. Conta a científica Carmen Salinero, desde un despacho onde a camelia se pode  ver en cortinas, en aceite ou en cadros, que se están prensando uns mil quilos de sementes ao ano. Dado que o aproveitamento para aceite adoita ser dun 20 %, están a sacarse anualmente 200 litros de aceite.
De onde sae tanta semente? Salinero explica que son decenas de produtores os que levan as súas sementes a Areeiro para que llas prensen e extráiase o aceite. A estación, que depende da Deputación, non ten estipulada unha taxa por este traballo. O que fai é quedar co 20 % da semente de cada entrega para dedicala a investigación ou, tamén, a facer o seu propio aceite para a promoción e divulgación do produto. Actualmente en Areeiro se prensan sementes chegadas de toda España, xa que é o único centro en Europa onde se fai aceite de camelia. Para que se utiliza logo todo ese aceite? A pregunta ten múltiples respostas. O ouro líquido da camelia non está aprobado para a súa venda para o consumo humano, pero iso non quere dicir que non se poida usar . É máis, a súa presenza xa está garantida en pratos de grandes restauradores. Iñaki Bretal, por exemplo, é un dos seus adeptos.

Artigo traducido ò galego do orixinal de María Hermida na Voz de Galicia

mércores, 15 de marzo de 2017

Paseando coas camelias por Campolongo


C. japonica
C. reticulata


C. japonica

C. japonica "Alba Plena"
Aquí temos algúns dos exemplares  de camelias que vimos na 3º saida do Proxecto Ríos  e aproveitando a a XV Exposición da Camelia na escola . A primeira dentro do cole , unha das xapónicas máis bonitas que temos. A segunda pola dereita é unha reticulata que temos preto da igrexa de San Xosé no Parque de Campolongo, logo temos dúas máis xapónicas, das que sabemos que a segunda é coñecida por "Alba Plena". Todas elas están dentro da contorna do noso río "Ghafos".

martes, 14 de marzo de 2017

Entrega de Premios XV Exposición da Camelia

 O acto estivo amenizado polo coro "Luís García Limeses", onde están moitos alumnos/as do CEP Campolongo, e que dirixe a mestra do centro Mª de los Reyes Carballo Carballo

Concurso de Fotografía

 Ver máis traballos

Camellia reticulata "Howard Asper"


Camellia japonica "Anemoniflora"


Concurso de Flores





Redacción/Poesía


Marta M. 5C



Camelias na XV Exposición no CEP Campolongo


Camelias - Terceiro Curso

Ver máis traballos

martes, 7 de marzo de 2017

Madrigal á Cidade de Santiago - Federico García Lorca

Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído,
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar,
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

Máis en "El tesoro gallego de Federico García Lorca