En Mañón, o concello que linda ao leste con Ortigueira, hai un Pazo cunha boa plantación de camelias, entre outras árbores, que destaca, sobre todo, polos seus grandes exemplares.
A finca (non visitable) , coñecida como a "Finca das Camelias" (Pazo de Torre de Lama), é unha propiedade do século XIV restaurada nos anos cincuenta do século XX, situada na desembocadura do río Sor, moi preto do Cantábrico. A finca pertenceu a Federico Maciñeira Pardo de Lama (o ilustre historiador, estudoso da arqueoloxía galega), bisavó dos actuais propietarios; deste pasou ao fillo, José Diego Maciñeira Lage, o tío avó, quen encheu os seus xardíns de camelias, cultivando e producindo as súas propias variedades (Sangue de Pichón, ...Do Pozo, Rosa Maciñéira, ...)
Tamén tiveron relación de parentesco cos señores da Torre a escritora Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.
Na actualidade é a meirande plantación de camelias de Europa e a segunda do mundo. Adican á camelia unhas trinta hectáreas, das cen coas que conta a finca; cultivan moitísimas variedades.
Com anécdota, fai algúns anos conseguíron a variedade de Camelia Negra, e nunha ocasión leváronna a unha feira e desapareceulles.
Apenas se conservan restos da Antiga Torre.
Artigo relacionado: C. japonica "D. José Diego Manciñeira´
Apenas se conservan restos da Antiga Torre.
Artigo relacionado: C. japonica "D. José Diego Manciñeira´
Ningún comentario:
Publicar un comentario