Esta camelia goza, dentro do recinto amurallado do Pazo de Lens, en Ames (Coruña) , dunha situación privilexiada, a carón dun estanque, polo que non sofre deficiencias hídricas. O tronco, que na súa base ten un perímetro de 3,40 m, bifúrcase rapidamente en dous potentes brazos que acadan os perímetros de 1,72 e 1,70 m á altura normal. As dúas pólas medran ata 12,30 m de altura, convertindo este exemplar nunha das camelias de maiores dimensións de Galicia.
A súa copa é globosa e regular, sen ningún defecto aparente, agás unhas pequenas ramiñas secas, consecuencia máis da idade que de problemas sanitarios.
O seu porte é maxestoso, xa que as primeiras pólas aparecen a unha altura que permite camiñar por baixo da súa copa, o que non é frecuente nos exemplares desta especie
Clica neste PDF para saber algo máis desta camelia catalogada como "Árbore Senlleira". O entrar no PDF ver a última árbore do artigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario