xoves, 9 de outubro de 2014

A nana das camelias


"Fragant Pink" (A flor)

 A nana das camelias

"Coas mans do meu neniño , fixen un berce pequeno ,
para abanar a camelia, de fragrancias rosadiña.
 Os dediños son variñas,  que a protexen  das caídas,
unha palma é o colchón, e a outra a casiña.
 Meu neno quere durmir,  anainando á camelia, 
 por iso mamá é que canta, a naniña das camelias.
 Coas mans do meu neniño, fixen un berce pequeno.
Copiado de Abuela Cris

venres, 3 de outubro de 2014

Motín do té

O martes, 16 de decembro de 1773 tivo lugar en Boston o denominado Motín do té (en inglés: Boston Tea Party), no que se lanzou ao mar todo un cargamento de té. Foi un acto de protesta dos colonos americanos contra Gran Bretaña e é considerado un precedente da Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

A rebelión dos colonos no porto de Boston, Massachusetts, nace como consecuencia da aprobación por Gran Bretaña en 1773 da Acta do Té, que gravaba a importación á metrópole de distintos produtos, incluído o té, para beneficiar á Compañía Británica da India Orientais a quen os colonos boicoteaban comprando o té de Holanda.
Dende aquela os américanos beben pouco té, e prefíreno xeado.

Chai

Chai: Té con especias, leite e moito azucre. É moi popular na india.

Masala chai é unha bebida típica do sur da India, consistente nunha mestura de té con especias e herbas aromáticas. É moi consumida polas clases populares e pode adquirirse polas rúas a través dos vendedores chamados chai wallahs.

A versión tradicional de masala chai usa as especias coñecidas como quentes, incorporando as seguintes: cardamomo, cravo, pementa, anís estrelado, xenxibre e canela. No oeste do país, non utilizan o anís ou a pementa negra, elabórano con té verde en lugar de negro e engaden: améndoas, cárdamo, canela, cravo e en ocasións azafrán.

Hoxe en día, véndese preparado e engádeselle leite ou auga quente ao gusto. Moitos establecementos de hostalaría nos Estados Unidos utilizan a mestura xa preparada para venda por xunto. Tamén adoita consumirse frío ou batido con nata montada, durante a tempada de verán.

Cāy significa «té» en hindi, punjabi, turco e algúnha outra lingua máis.
Masālā significa «mestura» (de especias)