Descuberta a primeira Camelia europea!!! Un acontecemento espectacular aconteceu co descubrimento e catalogación dunha nova especie da Familia Theaceae, por parte de botánicos da S.G-P.B. A especie ‘Camellia transxeresensis’ é unha rareza botánica, impensable fora de Asia, ainda que ten unha irmá nos territorios das Illas da Macaronesia española e portuguesa (Illas Canarias e Madeira), como é a única Theacea europea-africana, a especie ‘Visnea mocanera L.fil.’. Na Serra do Xeres, nun dos seus vales máis termófilos, unha nova especie do Subxénero “Protocamellia” e perteñecente a Sección “Archecamellia” Sealy. O territorio da Serra do Xures (Gerês en Portugal), está nas terras divisorias de Galiza e Norte de Portugal, caracterizase polos seus solos ácedos e climatoloxía húmida con vales termófilos , onde se localizan varias especies de fauna e flora únicas no mundo. Entre elas, a máis coñecida e importante é a reserva do Macaco do Xeres ( Macaca sylvanus sub. xeresensis) e mailas pouquiñas cabuxas montesías, recuperadas por clonación dunha cabuxa disecada no Museo de Historia Natural de Santiago, da subespecie estinguida no século XIX ‘Capra pyrenaica var. gallaecensis’.
CARACTERES TAXONÓMICOS da 'Camellia transxeresensis':
(1) Flores axilares ou subterminais, solitarias ou rara vez emparelladas, de tamaño mediano. Pedicelo groso, dereito; Bractéolas 5-10, persistentes. Sépalos persistentes. Corola de color rosa claro, tonos violetas nos bordes; pétalos internos basalmente connados e adnatos ao androceo. Estames en 3-5 verticilos; filamentos filiformes, puberulentas ou glabros, basal medio de connate verticilo externo nun tubo. O ápice do ovario afundido con 3-5 lóbulos; estilos 3-5, distintos. Cápsula afundida.
(2) As Xemas terminais son ovoides, pequenas; aparecen nas ponliñas do ano en curso, os pecíolos e máis a superficie abaxial da lámina da folla é glabra; limbo veado con veas medio planas o lixeiramente impresionado, e secundario adaxialmente non impresionado.
(3) Bractéolas 7-10; flores (2-) 1.5-3.5 cm de diám .; pétalos de color rosa con tonos pálidos, carnosos; en cápsula (1.5-) 2.5-4.5 cm de diámetro. cápsula de 1.5 a 3.5 cm de diámetro (Texto de Daniel Domínguez Fernández)
Flipei durante trinta segundos. ;-)
ResponderEliminar