domingo, 8 de febreiro de 2015

Herdanza Mendeliana

De Daniel Domínguez Fernández (compañeiro na rede)

"Algo que sempre teñen en conta os hibridadores especializados. As Leis da Xenética de Gregor Mendel. Hoxe, 8 de Febreiro de 2015, cúmplense 150 anos en que o Abade do Mosteiro de Brno (cidade da Rep. Checa) Gregor Mendel presentaba na Sociedade de Historia Natural de Brno, o seu traballo botánico sobre a hibridación e as claves das Leis de transmisión xenética hereditaria. Un traballo sobre distintas variedades de Chícharos, no que se daban as claves para deducir os caracteres recesivos e os caracteres dominantes na transmisión xenética. O nome do traballo científico é "Experimentos sobre hibridación das plantas"."

Ningún comentario:

Publicar un comentario