Na imaxe temos unha lenda en inglés coa versión da orixe do té. (Axiña traduciremos). De momento deixamos aquí outra lenda, tamén da súa orixe:
"O emperador chinés Shen Mung esperaba aquel día unha importante visita, e todos os criados do palacio achábanse moi atarefados, preparando os cuartos dos hóspedes.
Nun pequeno aposento que había no xardín, o emperador parecía moi preocupado e daba ordes e máis ordes. Quería que os seus invitados recibisen unha boa impresión e marchasen contentos.
Moi preto da porta de entrada do pavillón, crecían flores de loto e un arbusto de "tsha" ou "té". Un dos criados, por indicación do emperador, deixou xunto á porta un recipiente con auga fervendo. Un suave vento comezou a soprar e algunhas follas do arbusto de té foron a caer dentro do recipente con auga, tomando esta unha cor torrada.
Shen Mung sentiu que o aroma refrescante que flotaba o aliviaba do cansazo que padecía. Sentou no chan, e sacou cun cazo un pouco para beber uns sorbos. Sorpresa! A infusión tiña un sabor delicioso, e o emperador atopábase xa con folgos. Colleu despois máis follas e preparou unhas cuncas para obsequiar aos seus visitantes.
A velada transcorreu entre risas e comentarios. A saborosa bebida estendeuse por todo o mundo, e hoxe prepárana en todos os recunchos da Terra"
Ver versión India e Xaponesa.
Ver versión India e Xaponesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario