
A búsqueda da excelencia, de ter a camelia máis bonita , ás veces leva unha vida de frustración, e entre os afeccionados a estas belas flores non só é o branco a máxica cor que produce os soños... senón alcanzar o negro pode ser un obxectivo. Para acadalo, en Kanto (japón) existe desde 1829 unha camelia negra chamada "Kuro-Tsubaki". Esta planta foi a obsesión de moitos hibridadores. En colación coa camelia negra, na decada dos setenta un hibridador neozelandés chamado Oswald Blumhardt, desenvolveu un cruzamento entre a Camelia híbrida "Ruby Bells" e a chamada negra japónica "Kuro-Tsubaki", grazas as 27 sementes que o cultivador Kuro lle cedeu , a pesar de non ser moi amigo das hibridacións, Inmediatamente un amigo de Oswald, chamado Ackerman logrou germinar dúas sementes en laboratorio, estas dúas sementes foron a orixe de dúas novas lendas das camelias negras, a C. hibrida ´Night Rider´ e a C. hibrida `Black Opal´
Ningún comentario:
Publicar un comentario