Condicións climáticas:
Precisa chans acedos e ricos en humus, igual que a camelia japónica, aínda que tolera mellor os chans pobres. En canto ás condicións climáticas, necesitan un clima tépedo e húmido, as sasanquas quizá sexan as camelias menos esixentes de todas, xa que poden estar a pleno sol e non necesitan tanta protección fronte ao vento.

Como o resto das camelias non necesitan poda, aínda que responden ben a ela. En caso de podalas, debe facerse xusto despois da floración, antes de que empecen a saír os novos brotes.
Rega:
As necesidades de auga varían segundo a estación, pero debe manterse unha humidade constante, evitando o encharcamiento, polo que é esencial que o chan teña un bo sistema de drenaxe.
Fertilización:
É recomendable aplicar un abono orgánico en marzo, cando os brotes están en crecemento, e controlar os síntomas foliares que poden reflectir posibles anomalías nutricionais.
Propagación:
Propágase igual que a camelia japónica , sobre todo mediante estaquillado
Ningún comentario:
Publicar un comentario