xoves, 9 de outubro de 2014

A nana das camelias


"Fragant Pink" (A flor)

 A nana das camelias

"Coas mans do meu neniño , fixen un berce pequeno ,
para abanar a camelia, de fragrancias rosadiña.
 Os dediños son variñas,  que a protexen  das caídas,
unha palma é o colchón, e a outra a casiña.
 Meu neno quere durmir,  anainando á camelia, 
 por iso mamá é que canta, a naniña das camelias.
 Coas mans do meu neniño, fixen un berce pequeno.
Copiado de Abuela Cris

venres, 3 de outubro de 2014

Motín do té

O martes, 16 de decembro de 1773 tivo lugar en Boston o denominado Motín do té (en inglés: Boston Tea Party), no que se lanzou ao mar todo un cargamento de té. Foi un acto de protesta dos colonos americanos contra Gran Bretaña e é considerado un precedente da Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

A rebelión dos colonos no porto de Boston, Massachusetts, nace como consecuencia da aprobación por Gran Bretaña en 1773 da Acta do Té, que gravaba a importación á metrópole de distintos produtos, incluído o té, para beneficiar á Compañía Británica da India Orientais a quen os colonos boicoteaban comprando o té de Holanda.
Dende aquela os américanos beben pouco té, e prefíreno xeado.

Chai

Chai: Té con especias, leite e moito azucre. É moi popular na india.

Masala chai é unha bebida típica do sur da India, consistente nunha mestura de té con especias e herbas aromáticas. É moi consumida polas clases populares e pode adquirirse polas rúas a través dos vendedores chamados chai wallahs.

A versión tradicional de masala chai usa as especias coñecidas como quentes, incorporando as seguintes: cardamomo, cravo, pementa, anís estrelado, xenxibre e canela. No oeste do país, non utilizan o anís ou a pementa negra, elabórano con té verde en lugar de negro e engaden: améndoas, cárdamo, canela, cravo e en ocasións azafrán.

Hoxe en día, véndese preparado e engádeselle leite ou auga quente ao gusto. Moitos establecementos de hostalaría nos Estados Unidos utilizan a mestura xa preparada para venda por xunto. Tamén adoita consumirse frío ou batido con nata montada, durante a tempada de verán.

Cāy significa «té» en hindi, punjabi, turco e algúnha outra lingua máis.
Masālā significa «mestura» (de especias)

martes, 15 de abril de 2014

C. japonica `Kumagai Nagoya´


Descargada de Camellia Shop Nursery

Saber máis  ,  máis

Camellia flava


Especie de camelia amarela Máis sobre camelias amarelas

C. japonica `Fantasy´ (híbrida)


Foto descargada de Camellia Shop Nursery

Camellia changii (Camelia Azalea)













                 Saber máis

Waxing Camellias - Camelias Enceradas

Explicación en inglés (pódense poñer subtítulos) de como encerar unha camelias para que poidan durar bastante tempo decorando as nosas casas ou terrazas.

xoves, 10 de abril de 2014

Cultivadores actuais de Camelias


Ver máis

Rías Baixas. Onde a Camelia atopou o seu Paraíso.

A primeira planta viva de camelia en Europa

Un faisán chino pousado na Camelia de flores semidobres traídas antes de 1739 por  Robert James, octavo Lord Petre e plantada nos xardíns de Thordon Jal, Essex (Gran Bretaña). Grabado do debuxante de paxaros George Edwards datado en decembro de 1745.

Sol e sombra

Oleirífera?

 Do libro "La Camelia" (Diputación de Pontevedra)

Outras si confirmadas oleiríferas: Fragant Pink, High Fragance, Koto-No-Kaori, Minato-No-Akebono, Minato-No-Haru, Scented Gem, Scentous, Souza`s Pavlova, Spring Mist, Sweet Emily Kate, Dramer`s Supreme, Scensation, Spring sonnet, Scented sun, C. Kissi, C. MIYAGII, C. Synaptica