A primeira Camellia reticulata que floreceu en Europa fíxoo en Inglaterra en 1926. Enseguida viuse que era diferente da C. japonica e chamóuselle C. reticulata pola marcada nerviación das súas follas. Son orixinarias de China, sobre todo do suroeste, da provincia de Yunnan, onde crecen silvestres desde hai séculos.
As flores son grandes, solitarias, de ata 17 cm de diámetro, con número variable de pétalos segundo trátese de flores simples ou de formas máis complexas. Aparecen a finais do inverno, cando as japónicas xa floreceron. As cores varían desde o rosa máis pálido ata o vermello máis intenso, pero ata hoxe non se atopou un cultivar de C. reticulata de cor branca puro.
Artigo relacionado: Camelia Reticulata. Cultivares
Artigo relacionado: Camelia Reticulata. Cultivares
Ningún comentario:
Publicar un comentario